Xurado Novo NovosCinemas07. Convocatoria aberta

Queda aberta a convocatoria para os membros da comunidade universitaria con interese en participar como xurado da Edición 07 de Novos Cinemas. Poderá participar o estudantado da Universidade de Vigo matriculado no Campus de Pontevedra no curso académico 2022/2023 (grao, mestrado, doutoramento), e todas aquelas persoas tituladas no curso académico 2021/2022 (grao, mestrado, doutoramento), no Campus de Pontevedra.

A organización do festival seleccionará 5 candidatos ou candidatas de entre todas aquelas persoas interesadas, a condición de ser estudante da Universidade de Vigo con matrícula no Campus de Pontevedra.

Este xurado outorgará o Premio Xurado Novo á mellor dirección da Edición 07 de Novos Cinemas, Festival Internacional de Cinema de Pontevedra, que se celebrará entre os días 13 e 18 de decembro de 2022. O labor do Xurado Novo é asistir ás proxeccións das longametraxes que concursan na Sección Oficial do festival. Cada unha das películas exhibirase unha soa vez.

O prazo de inscrición desta convocatoria termina o 10 de novembro.

[contact-form-7 404 "Not Found"]

CATEGORÍAS