Categoría: Sen categoría

A ruandesa ‘The Bride’ triunfa como mellor película e mellor dirección no festival Novos Cinema

A película ruandesa 'The Bride', dirixida por Myriam U. Birara, é a gran triunfadora da oitava edición do festival pontevedrés Novos Cinemas ao lograr o Premio Novos Cinemas á mellor película da Sección Oficial e o Premio Xurado Novo á mellor dirección na mesma sección. A outra longametraxe máis valorada foi 'An evening song (for…

Novos Cinemas estrea vídeo de cabeceira, asinado por Berio Molina, e presenta o seu xurado

Hoxe publicamos o vídeo de cabeceira da oitava edición do festival, asinado por Berio Molina, artista e cineasta da Fonsagrada que compaxina a súa actividade artística coa investigación na Facultade de Belas Artes de Pontevedra. Berio Molina traballa actualmente na súa segunda longametraxe, As Aspas, xunto á produtora galega Sétima, e na curtametraxe Furada Negra. Unha…

Novos Cinemas acollerá a estrea nacional de cinco longametraxes na súa oitava edición

Dous filmes franceses, un arxentino, un estadounidense e un xaponés poderán verse por primeira vez en España, competindo na Sección Oficial do Festival.  O Festival Internacional de Cinema de Pontevedra, Novos Cinemas, presentou hoxe a programación da súa oitava edición, un certame que se vai celebrar entre os días 12 e 17 de decembro e…

AULA +NOVOS, unha aposta formativa dende Novos Cinemas

O programa #AULA+NOVOS presenta tres novas actividades destinadas a cativar distintos públicos. Un encontro especial agarda ao alumnado do bacharelato artístico de Pontevedra, onde terán a oportunidade de ver o último traballo do cineasta galego César Souto, A foreign song, e de participar nun coloquio posterior. Para os estudantes da ESO e do bacharelato, agárdalles…

Profesionais de España e Portugal protagonizarán os ENCONTROS

A sección #ENCONTROS, un foro mediante o cal Novos Cinemas fomenta o diálogo e as sinerxías entre diferentes sectores vinculados ao mundo cinematográfico, ofrecerá un achegamento aos traballos de diferentes profesionais de España e Portugal: O día 14 ás 12:00 na Casa das Campás, o cineasta Víctor Soho, quen vén de triunfar no L’Alternativa presentará as…

Novos Cinemas acollerá o primeiro foco dedicado a Katrin Rothe, pioneira na animación por Internet

A escritora, directora e produtora Katrin Rothe visitará Novos Cinemas e será a protagonista da sección FOCO, o que suporá o primeiro monográfico en toda a Península dedicado á obra cinematográfica desta cineasta alemá, unha das pioneiras na realización de animación para Internet en Alemaña. Katrin Rothe leva case tres décadas desenvolvendo proxectos que xogan cos límites…

Dúas estreas de cineastas galegos abrirán e pecharán o festival

Dous proxectos que pasaron polo Novos Cinemas #LAB serán os protagonistas da APERTURA e CLAUSURA na oitava edición do festival. O director vigués Carlos Martínez-Peñalver abrirá o festival o martes 12 de decembro co seu primeiro filme, Á procura da estrela (2023), mentres que o peche será o domingo 17 co longametraxe Cando toco un animal, do redondelán Ángel Filgueira. Ambas obras…

El LAB de Novos Cinemas asesorará catro proxectos cinematográficos de España, Arxentina e Portugal

Novos Cinemas vén de seleccionar os catro proxectos de primeira longametraxe cinematográfica para o Novos Cinemas #LAB, un laboratorio de desenvolvento de proxectos de cineastas noveis, que é un dos buques insignia deste festival ao acompañar más de 30 filmes nas súas 8 edicións. O equipo asesor que titorizará os catro proxectos procedentes de España, Arxentina…

Convocatoria xurado Novo 2023. Convocatoria aberta

Queda aberta a convocatoria para os membros da comunidade universitaria con interese en participar como xurado da Edición 08 de Novos Cinemas. Poderá participar o estudantado da Universidade de Vigo matriculado no Campus de Pontevedra no curso académico 2023/2024 (grao, mestrado, doutoramento), e todas aquelas persoas tituladas no curso académico 2022/2023 (grao, mestrado, doutoramento), no…

TALLER CON CARLOS CAÑAS – A MONTAXE E O SEU DISEÑO

Xoves 14 e Venres 15 de Decembro Horario: 17.00h a 20.00h Número de prazas: 15 Duración: 6 horas Casa das Campás Público Xeral: 30 Euros Estudantes: 15 Euros É necesario adxuntar o xustificante de pago. Ingreso vía transferencia na conta ES7200496737022910009006 a nome de ACC NOVOS CINEMAS. Concepto: TALLER con CARLOS CAÑAS O prazo de…