APERTURA E CLAUSURA

Dúas singulares propostas abrirán e pecharán a edición 07 de Novos Cinemas. Máis aló de evidentes diferenzas e obvias semellanzas, Los saldos, estrea en Galicia do debut na longametraxe de Raúl Capdevila, e Matadero, segunda longametraxe do realizador e guionista Santiago Fillol, promoven a relectura e reformulación duns xéneros cinematográficos que, grazas a súa interación e contaminación, se convirten no vehículo ideal para manifestar algo que -por abuso e malversación- habitualmente esquecemos: a incuestionable capacidade do cinema para formalizar postulados ético-formais nos que as árbores deixan percibir a plenitude do bosque.