POR PRIMEIRA OU ÚLTIMA VEZ

Baixo o influxo permanente de Nicholas Ray, a nosa sección Por primeira ou última vez, quere achegarse a eses raros e preciosos momentos nos que os cineastas, ben sexa por atrevemento, desvergoña ou mera necesidade, logran que as imaxes e sons despregados na pantalla brillen e resoen con especial intensidade. Aquel fulgor que se intúe con máis claridade nas primeiras e últimas veces.

Abordamos nesta ocasión a adaptación do relato Os mortos de James Joyce, invernal testamento  fílmico dun John Huston nas súas últimas horas, filmando case literalmente ata o seu último alento e que o crítico José Manuel López acompañará nunha sesión especial.  

Caerá a neve sobre o público de Novos Cinemas?