XURADO INTERNACIONAL

GLORIA BENITO

(Las Palmas de Gran Canaria, 1981) estudou Comunicación Audiovisual na Universidade de Salamanca, e posteriormente un máster en Montaxe de Cinema na Escola Septima Ars de Madrid. Tras uns anos dedicada á edición e a montaxe audiovisual para diferentes produtoras de cinema e televisión, en 2008 comeza a traballar no equipo técnico de proxeccións para o Festival de Cine de Las Palmas de Gran Canaria e outros festivais internacionais como o de San Sebastián, Sevilla, Gijón ou Bruselas. Actualmente é programadora e forma parte do comité de selección do Festival Internacional de Cine de Las Palmas de Gran Canaria e segue traballando para outros festivais como especialista en cinema dixital e editora.

SILVIA CRUZ

(São Paulo, Brazil.1982) é unha distribuidora e produtora brasileira afincada en San Sebastián (España). En 2010 Silvia funda Vitrine Filmes, compañía que distribuíu máis de 160 películas en Brasil, sendo unha axente clave na difusión e no éxito internacional do Novísimo cine brasileiro.
>Na actualidade, Silvia está inmersa no desenvolvemento de Vitrine Filmes España, distribuidora e produtora con sede en San Sebastián que se interroga sobre novas formas de difusión do cinema ao tempo que apoia a creación de películas cun alto compromiso estético e político.

HELENA WITTMANN

(Neuss, RFA, 1982) es una artista y cineasta residente en Hamburgo (Alemania). Tras estudiar Lengua y Cultura Española y Periodismo en Erlangen y Hamburgo, se gradúa(Neuss, RFA, 1982) é unha artista e cineasta residente en Hamburgo (Alemaña). Tras estudar Lingua e Cultura Española e Periodismo en Erlangen e Hamburgo, gradúase na HFBK (Academia de Belas Artes de Hamburgo) en 2014. A súa última longametraxe, Human Flowers Of Flesh estreouse no Concorso Internazionale de Locarno FF 2022, e exhibiuse en numerosos festivais internacionais como Ficunam, New York, Viennale, Sevilla, Karlovy Vary, entre outros. O seu debut na longametraxe Drift (2017) e as súas curtametraxes —Ada Kaleh (2018), 21,3°C (2014) ou Wildnis (2013)— exhibíronse en numerosos festivais e mostras internacionais. Wittmann colabora habitualmente con outros artistas, como a música e artista Nika Son, e exerce de directora de fotografía en proxectos alleos. Foi asistente investigadora na HFBK ata o 2018, e é unha das titoras internacionais da Elias Querejeta Zine Eskola (Donostia, España).