// ENCONTRO CON VICTOR SOHO

14DEC,
12.45h
Casa das Campás

De balde

VÍCTOR SOHO

Víctor Soho falará da xénese e evolución da súa primeira longametraxe, Adolescencia infinita, proxecto mentorizado na edición 06 do noso #LAB, no Festival Intersección e en Documenta Madrid (Mención Especial Corte Final). Un imaxinativo, sen prexuízos e personalísimo traballo, no que explora as posibilidades expresivas, argumentais e narrativas que ofrece (a quen este disposto a arriscarse) o audiovisual contemporáneo, que está listo para saír ao mundo exterior.



Víctor Soho (1999, Vigo) estudou a especialización en Cinema Documental na ECAM (Escola de Cinematografía e do Audiovisual da Comunidade de Madrid), onde explorou terreos ligados ao cinema experimental, á vídeo arte e á instalación. Programador na terceira edición de CineZeta, equipo de novos programadores de Cineteca Madrid, axudante de montaxe de Chus Gutiérrez, tamén exerceu a crítica e deseñou carteis. Exhibiu a súa obra en Matadero -Ventana Emergente (Jóvenes creadores)-, Curtocircuíto e na colección permanente de Homeostosis Lab (Brazil). Actualmente está estudando dúas licenciaturas na UNED, Filosofía y Antropoloxía.