SECCIÓN OFICIAL

Propostas que propician o entrecruzamento entre o filme xuvenil de e o thriller socio-económico. Itinerarios que revelan a unha xuventude na procura dunha estabilidade psíquico-emocional máis aló do socialmente establecido. Retratos de comunidades inmigrantes que aspiran a integrarse e prosperar na sociedade occidental do benestar. Narracións que profundan nos imaxinarios da paixón mediante unha singular filiación literaria. Relatos nos que a vagabundaxe dos seus protagonistas impulsan os seus singulares argumentos.

Nove longametraxes inéditas en Galicia ―cinco delas inéditas en España― que intentan ilustrar algún dos posibles vieiros do cinema contemporáneo.

Todo isto nos ofrecen os filmes que conforman a SECCIÓN OFICIAL da oitava edición de NOVOS CINEMAS.