#AULA+NOVOS//ENCONTRO CO CINEASTA: CÉSAR SOUTO

13 DEC
09.30 h.
Teatro Principal

Encontros con Cineastas
Filme + coloquio co director.
Para estudantes do bacharelato artístico
Proxección de A foreign song + Presentación e coloquio con César Souto

A FOREIGN SONG

España | 2022 | 82’ | Cor

Dir: César Souto Vilanova. Gn/Sc: César Souto Vilanova. Ftg/Cph: Alberte Branco. Mt/Ed: Marcos Flórez, Cristina Liz. Son/Sound: Emilio García (Cinemar). Mús/Msc: Xoan Xil. Prdc/Prdt: Daniel Froiz. Prod/Comp: Matriuska Producciones.

SINOPSE

Wallace Stevens traballou nunha compañía de seguros durante 40 años. Tódolos días erguíase ás seis e deitábase ás nove. Na súa vida non hai peripecias destacables nin episodios extravagantes. Ninguén diría que este home de vida ordinaria e aburrida é o autor dunha das obras poéticas máis singulares do século XX. 


César Souto é licenciado en Xornalismo pola USC (Santiago de Compostela), e cursou o Máster de Documental Creativo da UPF (Barcelona). Traballa como xornalista na Televisión de Galicia desde 1998 e é autor dos poemarios Sucesos (2004), Campo aberto (2019) e A Herdade (2021). A súa primeira película documental, Os días afogados (2015), codirixida con Luis Avilés Baquero, recibiu o premio á mellor película da Competencia Latinoamericana do FIDOCS (Santiago de Chile) 2016, o premio á mellor película da Competencia Española no FI Miradasdoc 2017, entre outros galardóns. A Foreign Song (2022) estreouse no FICX (Xixón, donde recibiu o premio á Mellor longametraxe española e á Mellor Dirección Española. 

Matriuska Producciones I Daniel froiz Guede

Calle Michelena 11, 3º

36002 Pontevedra

https://www.matriuska.eu/  info@matriuska.eu