XURADO LATEXOS

XAN GÓMEZ VIÑAS

Xan Viñas Gómez doutorouse en 2015 en Ciencias da Comunicación pola USC coa tese Do amateur ao militante: implicacións políticas e estéticas do cinema en formato non profesional na Galiza dos anos setenta. Traballou no departamento de comunicación de Vieiros, Compostela Cultura e Auditorio de Galicia. Foi socio fundador do Cineclube de Compostela e ten publicado crítica cinematográfica en diversos medios e revistas especializadas. En 2012 dirixe canda Pablo Cayuela o filme documental Fóra, estreado no CPH:DOX de Copenhague. É o actual programador do Cinema NUMAX de Santiago de Compostela.

SERGIO CASTELEIRO

Graduado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Santiago (USC). Máster de Estudos de Cinema e Audiovisual Contemporáneos pola Universidade Universidade Pompeu Fabra (Barcelona). Colaborou no blog de cinema Macguffin007, para o cal cubriu festivais como Cineuropa (Santiago de Compostela), ademais de formar parte da canle de entrevistas Uncut. Actualmente traballa en DUPLEX Cinema.

ANA MATILDE USLENGHI

(San Miguel de Tucumán, Arxentina, 1985). Licenciada en Comunicación Audiovisual pola Universidade Autónoma de Barcelona, ten un Máster en Cinema e Audiovisual Contemporáneo pola Universidade Pompeu Fabra. Traballou no arquivo do Centre de Cultura Contemporània de Barcelona (CCCB) e formou parte do equipo de redacción de SoFilm España e da revista mensual dos cinemas MK2. Escribiu para medios como Transit, Visual404, Númerocero e publicado artigos para o catálogo e o diario de Sitges – FIC Fantàstic de Catalunya. Actualmente é socia traballadora de Zumzeig Cinecooperativa.