#LAB 08 EQUIPO ASESOR

Isona Admetla

Isona Admetla   (Barcelona, 1976) é socióloga, xestora cultural, docente, consultora e deseñadora de audiencias. Residente en Berlín, é coordinadora do Fondo para a Cinematografía Berlinale-World Cinema Fund desde o 2009.Como autónoma deseña e imparte seminarios de capacitación e formación a medida sobre financiamento, márketing, distribución, pitching e deseño de audiencias cinematográficas en universidades e outras institucións. Participa regularmente en comités de selección de proxectos como xurado ou conferenciante.É membro do comité de selección do Málaga Festival Fund and Co-Production Event e titora de proxectos. Tamén formou parte do comité de selección do ICAA Junta de Andalucía, FDC o Ventana Sur e é avaliadora experta de Media Single Project e Slate Funding, entre outros. Tamén é EAVE Alumni de Marketing e Distribución e Deseñadora de Audiencias do Torino Film Lab.

Marjorie Bendeck

Marjorie Bendeck (Honduras 1985) é licenciada en comunicación y marketing, maestría en psicoloxía organizacional, estudos de teoría e produción de cinema en México e a EICTV (Cuba). Reside en Alemaña desde 2003, traballando para festivais, fondos e programas de capacitación a nivel internacional. Asesora proxectos cinematográficos para ACE Producers, MEDIA e o Berlinale World Cinema Fund, e imparte talleres de pitch e desenvolvemento para o Mediterranean Film Institute e o IFFR-Pro de Rotterdam entre outros. Desde 2018 é directora do mercado de coprodución para Europa Oriental Connecting Cottbus e desde 2022 é project manager del Hub de Coproducción en Locarno Open Doors con enfoque en Latinoamérica e o Caribe.

ISABEL IVARS

Con formación en Artes (MA Central Saint Martins, MA Research Goldsmiths en Londres) e Cinema (NY Film Academy), Isabel Ivars especializouse en márketing e distribución cinematográfica tras uns anos traballando en Merrill Lynch combinando a súa paixón e coñecemento polas artes coa súa experiencia e interese no financiamento e o márketing. Antes de unirse a Protagonist Pictures, Isabel traballou como axente de vendas en París para Wide Management e como directora de festivais para Films Boutique en Berlín, ademais de colaborar con institucións no financiamento de revisións de proxectos, seminarios e work-in-progress para axudar na produción, márketing e procesos de distribución. En Protagonist Pictures é a responsable do catálogo e do circuíto de festivais.

JAMIE WEISS

Jamie Weiss, nado en Brooklyn (EE.UU., 1979) e fincado en Madrid é produtor de cine en El Viaje Films. Licenciouse en cinema na Universidade de Boston e realizou un máster en cinema documental e experimental na Universidad TAI (Madrid). Desde 2015 traballa como produtor en El Viaje Films (Madrid/Tenerife), aportando unha perspectiva internacional a esta premiada productora independente, colaborando en proxectos como Blanco en Blanco (Theo Court, 2019) e Eles Transportan a morte (Helena Girón e Samuel M. Delgado, 2022) entre outros.