//ENCONTROS MESA PRO CINE EMERXENTE

15 DEC
12:30 h
Casa das Campás

O equipo do festival moderará un encontro que aspira a explorar a relación entre a produción cinematográfica independente e o cinema emerxente. O cinema entendido como un ecosistema que reflicte unha biodiversidade radical axuda a definir as diversas interaccións que se establecen entre á área da produción e a área da realización novel. Desde a idea seminal ata a exhibición, cada proxecto demanda certo tipo de relación, certo tipo de tensión e distensión, de dilatación e contracción ou de case disolución entre ambas esferas.

Luís Campos (produtor cinematográfico, realizador e guionista, Portugal)

Silvia Cruz (produtora cinematográfica e distribuidora, Brasil)

Beli Martínez (produtora cinematográfica, Galicia)