OBRADOIRO DE CINEMA CON BERIO MOLINA

A XOGOS COA REALIDADE. OBRADOIRO DE CINEMA CON BERIO MOLINA 

12 DEC16.30h Teatro Principal

A xogos coa realidade. Sexa esta o que sexa: responder cando chaman polo meu nome; levantarme todos os días da cama; entrar nunha habitación escura con xente descoñecida durante horas… sen falar… Ela parece estar sempre disposta a transformarnos, ou, pola contra, poñerse á nosa disposición para ser transformada, aínda que só sexa unha vez. Semella estar fóra de nós, interpelándonos constantemente, ou dentro, situándonos nese mesmo afora. 

En calquera caso, non hai maneira de escapar dela. Durante o tempo que durou o taller buscamos maneiras de transformar a realidade (sexa esta o que sexa) a través do cinema. E fixémolo cun simple xesto, introducindo a cámara en situacións cotiáns do noso entorno, coma se o estivésemos hackeando. Para conseguilo revisamos como cineastas, artistas e pensadores afrontaron esta mesma tarefa, e analizamos cada unha das propostas do alumnado para entre todes buscar a formalización máis axeitada. Procuramos o xogo e o risco, e sempre respectamos a sensibilidade estética e a liberdade de cada quen. 

Neste contexto, e ao longo das sesións do taller, dez estudantes desenvolveron os seus proxectos de curtametraxe coa finalidade de compartir os resultados finais. 

Na primeira sesión, formulamos conceptos básicos cos que puidemos comezar a imaxinar os traballos, apoiados por referentes e bibliografía. Despois, o alumnado manifestou as súas preferencias e fixo unha breve presentación na que debatemos os aspectos básicos de cada proxecto. 

Na segunda sesión visualizáronse os traballos en desenvolvemento, e se debateu a súa evolución, prestando atención á formalización visual e sonora, así como ao axuste conceptual. 

Na terceira e última das sesións as curtametraxes estaban nunha fase avanzada de produción. Resolvemos dúbidas e ultimamos detalles cara a súa montaxe final e posterior exhibición pública na sesión inaugural da edición 08 de Novos Cinemas.

#AULA CURTAMETRAXES OBRADOIRO COMO VIBRACIÓNS A TRAVÉS DO ESPAZO

EL ANHELO DEL REFLEJO
Alba Amoedo Cal (Pontevedra, 2002)
Grao en Belas Artes (UVigo)
Degree in Fine Arts (UVigo)

UN DÍA POLA NOITE
Fernando Areal Alvite (Ponteareas,1994)
Grao en Comunicación Audiovisual (UVigo) 4º Comunicación audiovisual
Degree in Audiovisual Communication (UVigo)


EN HACIA
Aniana Barreiro Seara (Pontevedra, 1998)
Grao en Belas artes (UVigo)
Degree in Fine Arts (UVigo)

EUROPA 2000
Julio Catalán Rubinos (Lugo, 1995)
Doutorando en Pintura Contemporánea e percorridos urbans (UVigo)
Doctorate in Creation and Research in Contemporary Art (UVigo)


A TERRA TEN GLITCH
Yasmina Farhani Luaces (Lausanne –Suíza-., 1998)
Grao en Belas Artes (UVigo) (4º Belas Artes)
Degree in Fine Arts (UVigo)


Necky.ia
Eva Iglesias Lorenzo (Vigo, 2001)
Grao en Belas artes (UVigo)
Degree in Fine Arts (UVigo)


NO SOY YO
Cristina Insua López (A Coruña, 1999)
Grao en Belas artes (UVigo) (4º Belas Artes)
Degree in Fine Arts (UVigo)
Cristina Insua López. 26-11-1999. A Pobra do CaramiñalGALA
Ana Laura Rodríguez Esteves (4º Comunicación audiovisual) (Ourense, 2002)
Grao en Comunicación Audiovisual (UVigo)
Degree in Audiovisual Communication (UVigo)


TRÁNSITO
Alex Viador (Lugo, 1992)
Grao en Belas artes (UVigo)
Degree in Fine Arts (UVigo)


ESPECTRO ESPELLO
Cristina Souto Pita (As Pontes de García Rodríguez, 2002)
Grao en Belas artes (Uvigo) 4º
Degree in Fine Arts (UVigo)

 

 

 


Berio Molina (A Fonsagrada, 1979) é artista e cineasta. Os seus traballos indagan nas relacións entre a diverxencia, a linguaxe e a escoita. No 2019 estrea a súa primeira longametraxe 7 Limbos (xunto a Alexandre Cancelo) na X Mostra de Cinema Periférico (S8). 

A súa obra exhibiuse en festivais internacionais como Festival Márgenes (Madrid), Istambul International Experimental FF (Estambul), FIVA (Arxentina), LEM (Barcelona), ZEMOS98 (Sevilla), Curtocircuíto (Santiago de Compostela) e en centros de arte como o CGAC (Santiago de Compostela), o MARCO (Vigo), La Casa Encendida (Madrid) ou a Laboral (Xixón). 

Tras licenciarse en Belas Artes na Facultade de Belas Artes de Pontevedra, realiza o Máster en arte dixital da Universitat Pompeu Fabra de Barcelona e o Máster en Computer Graphic Design da Rochester Institute of Technology de Nova York gracias a unha beca da Fundación Pedro Barrié de la Maza. 

Dende 1999 interesouse pola creación colectiva sendo membro do grupo de performances Flexo, do colectivo de estudos aurales escoitar.org e do colectivo de arte e acción libre alg-a. 

Compaxina a súa actividade artística coa investigación na Facultade de Belas Artes de Pontevedra, donde desenvolve a súa tese doutoral sobre a escritura acusmática no contexto da xeración postalfa. Como parte deste proceso de investigación publicou no 2017 o libro Setras, froito do Premio Especial do Xurado do Puchi Award concedido por La Casa Encendida. Actualmente está traballando na súa segunda longametraxe, As Aspas (en fase de desenvolvemento), xunto á produtora Sétima, e na curtametraxe Furada Negra. Unha memoria do inframundo, en fase de produción.