APERTURA E CLAUSURA 08

Dúas longametraxes galegas asesoradas polo #LAB abrirán e pecharán a octava edición de Novos Cinemas presentándose ao público galego. Carlos Martínez-Peñalver e Ángel Filgueira apelan á complicidade dun público disposto a mergullarse nos seus atmosféricos, sensoriais (e sensuais) relatos. Á procura da estrela, debut do realizador vigués, situáse nun territorio limítrofe e efémero no que figuras e paisaxe conforman un todo indisociable: un cosmos no que cohabitan mitos, lendas e mundo real. Pola súa banda, Cando toco un animal, segunda longametraxe do director redondelano, encontra no corpo e na pel das súas personaxes o camino axeitado para explorar o mapa sentimental das xeracións contemporáneas: aquelas cuxos afectos e pulsións trascenden as tradicionais barreiras socio-xenéricas.