//ENCONTRO CON ESAP-TIAGO VIEIRA DA SILVA

15 DEC
11.00 h.
Casa das Campás

DE BALDE

ESAP- TIAGO VIEIRA DA SILVA

A ESAP – Escola Superior Artística de Porto, está situada no epicentro de Porto e foi instituída pola Cooperativa de Ensino Superior Artístico do Porto (CESAP), entidade de utilidade pública non lucrativa constituída en Maio de 1982. Especializada nas áreas da arquitectura, artes plásticas e intermedia, artes visuais, cinema e audiovisuais e teatro, é un centro de referencia no mapa universitario peninsular e europeo. Promovendo a confluencia entre a teoría, a investigación, a curadoría, o sector profesional e os artistas, revela que esa é a vía para que os proxectos educativos aspiren á excelencia e melloren o tecido cultural e socio-económico do territorio no que se desenvolven.

Novos Cinemas convidou ao docente e Técnico Responsable do Gabinete de Relacións Externas e Internacionais, e director do Departamento das Artes da Imaxe da ESAP, Tiago Vieira da Silva, para que comparta co noso auditorio as singularidades deste vangardista proxecto.


Tiago Vieira da Silva é doutor en Ciencias da Comunicación e mestrado en Comunicación, Arte e Cultura (Universidad de Minho), e licenciado en Cinema e Audiovisual pola Escola Superior Artística do Porto (ESAP), na que exerce docencia no curso de Cinema e Audiovisual. Tamén é xestor de contidos do Museo Virtual da Lusofonia, e formou parte do proxecto internacional Memorias, Culturas e Identidades: como o pasado pesa no presente das relaciones interculturais entre Mozambique e Portugal, e do proxecto nacional Mapeamento e Significados Críticos do Arquivo Fotográfico da Compañia de Diamantes de Angola (Diamang). Actualmente, forma parte do proxecto MigraMediaActs: Migracións, medios e activismo en portugués: descolonizando paisaxes mediáticos e imaxinando futuros alternativos, e é investigador do Centro de Estudios Arnaldo Araújo (CEAA/ESAP) e do Centro de Estudos Comunicación e Sociedade (CECS/UMINHO).