// ENCONTRO con ÁNGEL FILGUEIRA e SILVIA FUENTES

17 DIC.
12.30 h.
Casa das Campás

25 prazas.

Límite para anotarse: 15 minutos antes do comezo da actividade.

[contact-form-7 404 "Not Found"]

Ángel Filgueira e Silvia Fuentes

Ángel Filgueira e Silvia Fuentes amosarán as primeiras imaxes de Cando toco un animal, proxecto asesorado no LAB03. Trátase dunha historia que reflicte a complexidade das relacións sentimentais da nosa xuventude. Na súa intervención ilustrarán como a creatividade e a loxística inherente ao desenvolvemento dunha produción cinematográfica interactúan e conflúen coa fin de formalizar un proxecto de longametraxe.


Ángel Filgueira (1992) estuda Comunicación Audiovisual na UVigo e o Máster en Investigación en Prácticas Artísticas y Visuales na Universidade de Castilla-La Mancha. En 2018 estrea o seu documental Sevilla e Gomorra nos festivais de Cans e Cineuropa. As súas curtametraxes FIN e El Cuadrado exhíbense en diversas edicións de Curtocircuíto. En 2017 empeza a escribir un guión que deriva no proxecto da longametraxe Cando toco un animal. Desde o 2018 traballa coa produtora Sétima para materializar a súa ópera prima na ficción. Participou no LAB Novos Cinemas 2018, no VIII Encontro de Artistas Novos da Cidade da Cultura e no IMPUT do (S8) Mostra de Cine Periférico de Coruña 2020.

Silvia Fuentes, Máster de Produción Executiva PROA-Blanquerna e Licenciatura en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Vigo, termina a carreira na Universidade Complutense de Madrid. Entre o 2019 e 2021 traballa para a empresa produtora Lastor Media. Desde 2018 compaxina o seu labor de produtora executiva na produtora Sétima coa xefatura de produción en diferentes proxectos: ¿Qué hicimos mal?, La estación violenta, Matria e Nación. Tamén formou parte do equipo de produción dos filmes Lúa Vermella e Arima.
Actualmente desempeña o posto de directora de produción no proxecto de Isaki Lacuesta Gosa Poder.