#LAB O8 PROXECTOS

LA CAPITAL DE LA SEMILLA

Argentina | Primeira longametraxe 

Dirección: Tatiana Ivancovich 

Produción: Nacho Losada 

Estado: Desenvolvemento

As plantas en Buenos Aires falan unha estraña linguaxe. Tatiana escóitaas. As súas voces lévana a Pergamino, a cidade onde creceu. Que pasa nesa terra? Na procura de respostas atopa uns VHS filmados polo seu pai, Antonio, enxeñeiro agrónomo, desde os anos 80. As cintas que viaxan entre Indiana (EEUU) e Pergamiño (Arxentina), mesturan vida familiar e plantas de soia e mostran de preto a revolución verde impulsada desde EEUU. As plantas enfermas que estudaba Antonio tamén parecen falar: resisten os seus padecementos e expoñen os límites do negocio agrícola.

Agora, a enfermidade, como un estraño acto de resistencia, parece invadilo todo: as plantas, os animais, os corpos dos veciños, a auga e tamén o corpo do seu pai. Tatiana busca refuxio nas plantas, escóitaas para ver se nese diálogo se urde outra forma de resistencia. Que alianzas e amizades poderemos tecer coas plantas para enfrontar este mundo en colapso?

Tatiana Ivancovich (Estados Unidos. 1988) é antropóloga, estudou actuación, cinema, fai cancións en Tus Plantas, e está interesada nos entrecruzamentos entre as ciencias sociais e a arte. Actualmente é bolseira doutoral do CONICET e investiga a relación entre documental, estado e educación. Entre 2020 e o 2022 traballou na área de Educación do Museo de Arte Moderno de Bos Aires. Participou da clínica de Cine del Conti 2023, e no 2021 foi seleccionada como realizadora audiovisual na Bienal de Arte Xoven de Bos Aires e nas Becas Individuais de Creación del FNA. Codirixiu curtametraxes etnográficas e experimentais proxectadas en congresos de antropoloxía. Traballou como investigadora para a película Buenos Aires City Tour  (Esteban Bellotto Kuzminsky). 

Foi performer no proxecto etnográfico teatral Las niñas del valle de Chalco e asistente de dirección da obra etnográfico teatral Carne Oscura y triste.

BACKSIDE OLLIE

España | Primeira longametraxe 

Dirección: Bárbara Fernández

Produción: Two Little Octopus

Estado: Escritura, Desenvolvemento

Tras centos de quilómetros en bus de Xaén a Sevilla e de Sevilla a Xaén, de visitas ao hospital, preguntas, papeis e citas coa asistenta social, esta última obriga a Martina (21), unha moza nada e criada en Barcelona e recentemente instalada nun pobo de Xaén de menos de 200 habitantes, a tomarse tres días de reflexión antes de ser derivada a unha clínica para abortar.

Bárbara Fernández (Toledo, 1997) inicia a súa carreira profesional no departamento de fotografía (Netflix, Movistar, Amazon Prime…), onde descobre as dinámicas e procesos da produción audiovisual. A súa primeira curtametraxe como directora, El Baile del Estornino (2020), exhibiuse no festival de Sitges 2021. As súas incursións no fashion filme, o videoclip e o documental revelan as súas preocupacións sociais. Corazón de Tango, Mellor videoclip do ano no Premios Gaztea 2023 e Premio do Xurado en Medina del Campo 2023; Save The Future (2022), berro a favor da moda sostible no noso país; Comida Caducada (2021) ou La del Barrio, oda aos pequenos comercios locais, son boa proba do seu compromiso social. Seleccionada en Doklab pola película documental en desenvolvemento Paredes en la Carretera; no Lab do Norte pola película en desenvolvemento Avril; e seleccionada en AGAPI impulsa Copros e Fulgor Lab 2023 co proxecto de longametraxe de Ficción Backside Ollie.

Bio Mariona Empezó su carrera artística en el teatro, haciendo de co – autora y actriz en Life’s for the Living : A Memory Play . Una obra de teatro presentada en la muestra de teatro del Escorxador (Lleida) y posteriormente publicada en el libro Not About You & Life Is For The Living .

Tras licenciarse en filología inglesa y después de cursar el máster en Creación de Guiones Audiovisuales en UNIR, en el que pudo llevar a cabo Cicatrices, mi primer proyectode miniserie, gracias a la mentoría de María Cortés, analista en Globomedia, y Antonio Cuadi , ha podido trabajar en diferentes proyectos como guionista . Bisibles , una serie de ficción en desarrollo dentro de la escrita conjuntamente con la productora y directora Vero Basku y dentro de la desarrolladora de proyectos audiovisuales Not Alone, o la adaptación a largometraje de El Baile del Estornino junto

a Bárbara Fdez , son algunos ejemplos . Actualmente se encuentra trabajando en “Backside Ollie” un largometraje de temática social y femenina gracias a la selección del proyecto en FULGOR LAB y AGAPI IMPULSA COPROS con la mentoría de Daniel Froiz , de Matriuska Producciones.

JURDANA

España | Primeira longametraxe

Dirección: Jacobo Lagüela

Produción:Jacobo Lagüela 

Estado: Escritura, Desenvolvemento 

Todos os novembros, Teresa (75) e Araceli (85), as dúas últimas veciñas dun pobo das míticas Hurdes, realizan a matanza do porco coa axuda da súa familia. A pesar da insistencia da súa filla para mudarse á cidade con eles, Teresa decide quedar no pobo coa súa amiga Araceli criando un novo porquiño. A inesperada morte de Araceli fai que Teresa oculte o falecemento á familia e aférrese ao coidado do porco, desenvolvendo unha particular relación co animal e a contorna das Hurdes, que a levará a salvar ao bacoriño e escapar da súa propia familia para aferrarse ao único modo de vida que coñece.

A cabalo entre Bristol (Reino Unido) e Galicia, Jacobo Lagüela (Lugo, 1991) acumula máis de 10 anos de experiencia na creación de contido audiovisual e pezas documentais para producións da BBC, National Geography, Netflix, Discovery, Channel4, e ONG como WWF ou Greenpeace. Director e guionista do documental Julia (España, 2023), ópera prima seleccionada en máis de 15 festivais internacionais, e premio á Fotografía Destacada e Película Destacada no FICA (Arxentina). Dirixiu o curto Confinement Stories (Reino Unido, 2022) e produciu e gravou Mothertruckers (2023), Premio Rosario Valpuesta no Festival de Sevilla, con máis de 30 seleccións e 15 premios en festivais nacionais e internacionais e candidato aos GOYA 2023. Actualmente traballa na creación do seu novo guión Jurdana, proxecto seleccionado no lab Cinenido Scriptnest e titorizado por Benito Zambrano, Diego Cañizal, Inés Nofuentes e Almudena Monzú.

TERRA VIL

Portugal | Primeira longametraxe

Dirección: Luís Campos

Productora: Matiné

Estado: Desenvolvemento avanzado 

João ten 12 anos e vive na beira do río Douro con Antonio, seu inestable pai que loita contra a adicción ao alcol. Na casa do lado viven Teresa e as súas fillas adolescentes Paula e Liliana, por quines João ten unha especial devoción. Os cinco forman unha especie de familia disfuncional que se dedica á pesca artesanal da lamprea. Con todo, nun ano marcado pola seca e os efectos do cambio climático, a rendibilidade do negocio é escasa. A esto súmase o comportamento errático de Antonio, que fai que a situación sexa cada vez máis insostible.

Luís Campos Raposo (Portugal, 1985) é un premiado cineasta doctorado en Media Arts. Ex alumni, entre outros, de EAVE Producers Workshop, Berlinale Talents, Rotterdam Lab, Locarno Match Me. Fundador de GUIÕES (Portuguese Language Screenplay Festival), PLOT (Professional Script Lab) y DRAMA.pt. Formou parte do xurado (comisión) do Instituto Portugués de Cine, e foi xurado en festivales internacionais de cinema e en laboratorios de guión. Entre 2018 y 2022 foi responsable de Cine e Televisión de BRO Cinema, e formou parte do departamento de contidos de SPI antes de dedicarse plenamente a súa productora Matiné. Ao longo destes anos, Luis produciu e/ou coproduciu máis de 20 películas, incluídas as 3 curtametraxes que escribiu y dirixiu: Monte Clérigo (2023), Boca Cava Terra (2022) e Carga (2017).