Dende a súa xénese, Latexos aspira a ser un espazo de interacción entre os cineastas e entre nós e esas imaxes e eses sons que nutren humildemente o noso espírito.
Cun marcado carácter testemuñal, os filmes que compoñen esta sección conxugan o retrato intimista de comunidades que afrontan inevitables cambios vitais, a radical refutación dunha historia oficial que agocha a súa barbarie baixo o lema da civilización, e a obstinada e sensorial búsqueda dun artista tan singular e resiliente como esperanzado.