obradoiro con ALBERTO CARLASSARE – Narrativa sonora y cine contemporáneo

  • Xoves 15 e Venres 16 de Decembro
  • Horario: 17.00h a 20.00h
  • Número de prazas: 10
  • Duración: 6 horas
  • Casa das Campás
  • Público Xeral: 30 Euros
  • Estudantes: 15 Euros
  • É necesario adxuntar o xustificante de pago.
  • Ingreso vía transferencia na conta ES7200496737022910009006 a nome de ACC NOVOS CINEMAS. Concepto: OBRADOIRO con ALBERTO CARLASSARE

En colaboración coa ECAM, centro formativo de referencia no territorio nacional, o prestixioso sonidista Alberto Carlassare, responsable do deseño sonoro de títulos como El año del descubrimiento, impartirá, Narrativa sonora e cinema contemporáneo, un obradoiro cuxo principal obxectivo é validar o papel estrutural e xenético do son na creación da narración audiovisual e cinematográfica contemporánea.

A pesar de que a imaxe condiciona a nosa experiencia diaria como un tótem incuestionable, convén sinalar que o termo audiovisual xa propón, na súa propia esencia, que tanto o texto audiovisual, como a súa futura percepción e interpretación son froito da interacción de significantes sonoros e visuais. Por ese motivo, e partindo da nosa experiencia laboral, investigadora e docente, o seminario Narrativa sonora e cine contemporáneo ten como propósito ilustrar dita paradoxa mediante unha aproximación ás diferentes ferramentas e técnicas da creación sonora: incidindo tanto nas súas posibilidades narrativas, como na súa estreita e indisociable relación coa tecnoloxía e a industria audiovisual actual.

https://albertocarlassare.com/

FICHA DE INSCRICIÓN

[contact-form-7 404 "Not Found"]

Alberto Carlassare é diplomado en Disciplinas das Artes, da Música e do Entretemento –Universidade de Bolonia, 2009– e especializado en Son para Cinema –ECAM (Escuela de Cinematografía y del Audiovisual de la Comunidad de Madrid), 2012 –. Traballou en diferentes ámbitos da sonorización para cinema, publicidade, videoxogos e televisión, tanto en directo como en posprodución. Foi o responsable do son de H (Carlos Pardo Ros, 2022), El Año del Descubrimiento (Luis López Carrasco, 2020), Los mutantes (Gabriel Azorín, 2016) e colaborou en películas e series como The Almond and the Seahorse, Saturday Fiction, Tu hijo, Crumbs, El faro de las orcas, Madres, Promesas de arena e Pequeñas coincidencias. Desde 2018 é docente na ECAM.