#AULA+NOVOS//NA CLASE

Novos Cinemas achegou un ano máis o cinema ao espazo da aprendizaxe e a docencia con Na Clase. O equipo pedagóxico do festival continuou o seu labor didáctico en centros escolares mediante o deseño de actividades relacionadas coa prehistoria do cinema, esa época fascinada coa locomoción, a percepción visual e a obsesión pola representación do movemento. Como complemento a esta actividade, programamos dúas sesións cinematográficas nas que promovemos a experiencia, a aprendizaxe e o goce do alumnado nun espazo diferente: a sala de cinema. Agradecemos á dirección dos centros educativos EEI Concepción Crespo Rivas -6º de infantil- e CEIP Froebel -5º e 6º de educación infantil e 6º de primaria-, e ao seu corpo docente, a dispoñibilidade e colaboración no desenvolvemento das actividades.