// ENCONTRO con ÁLVARO GAGO

18 DIC.
12.00 h.
Casa das Campás

25 prazas.

Límite para anotarse: 15 minutos antes do comezo da actividade.

[contact-form-7 404 "Not Found"]

ÁLVARO GAGO

Álvaro amosará as primeiras imaxes da súa primeira longametraxe, Matria, parcialmente rodada en Pontevedra. O cineasta vigués reflexionará sobre os procesos de xestación e materialización dunha obra inspirada na vida dunha heroína anónima contemporánea, e cuxa xénese se vincula á súa premiada e homónima curtametraxe.


Álvaro Gago (Vigo, España, 1986) estudou Comunicación e Música en Pontevedra (Galicia), Drama en Chicago e Dirección de Cinema na London Film School, onde se licenciou en 2013 coa curtametraxe Curricán, que lle valeu o Premio ao Mellor Director en Curtocircuito. Estableceuse como director e montador en Londres mentres ensinaba na Young Film School e organizaba o Galician Film Forum.
En 2017 dirixiu a curtametraxe Matria, que obtivo máis de setenta premios, incluído o Gran Premio do Xurado de Sundance 2018. Ese ano edita Trote (Xacio Baño), e In memoriam (Marcos Merino), que se estreou no Festival Europeo de Sevilla 2018 recollendo o galardón á Mellor Película Española na categoría de Non Ficción Novas Ondas.
16 de decembro, a súa segunda curtametraxe, estreouse no Festival de Cinema de Locarno 2019. Acaba de rodar a súa primeira longametraxe, Matria, producida por Avalon P. C., Matriuska Producciones e Ringo Media. O proxecto, recibiu o apoio de ICAA, Agadic, Movistar +, The Screen e CRTVG.