// Encontro con ZELTIA OUTEIRIÑO e SILVIA FUENTES

17 DIC.
11.00 h.
Museo de Pontevedra

ZELTIA OUTEIRIÑO e SILVIA FUENTES

Zeltia Outeiriño compartirá, acompañada de Silvia Fuentes, produtora do filme, a súa experiencia na ideación, desenvolvemento e (re)formulación de Patarinos, seu primeiro proxecto de longametraxe, proposta que participou na edición 05 do noso #LAB. Un traballo inspirado na biografía familiar da cineasta que revela como poden cambiar as motivacións ou propósitos iniciais dunha cineasta cando iso que nunca poderemos controlar, a vida e o intanxible, fai acto de presenza e reclama súa atención.
Este Encontro será retransmitido en directo.


Zeltia Outeiriño (1978, Madrid), estudou Publicidade e RRPP na UVigo e Comunicación Audiovisual na Universidade de Barcelona. Aos 27 anos traballa como operadora de cámara de televisión e realiza a súa primeira mediametraxe El Bazar Solidario (2005). Deixa a televisión no 2009 e emprende unha viaxe por Colombia e dirixe a súa segunda mediametraxe, Vientos de Resistencia. Instalada en Barcelona, interésase polos procesos de creación de vídeo participativo e funda o colectivo Las Mirillas, co que desenvolve proxectos con colectivos socialmente vulnerables. En 2018 inscríbese no Máster en Documental de Creación da Univ. Pompeu Fabra, Barcelona, e comeza a desenvolver a súa ópera prima, a longametraxe documental Patarinos, un proxecto baseado na súa historia persoal e familiar, actualmente en fase de posprodución.


Silvia Fuentes (1990, A Estrada, España), Máster de Produción Executiva PROA-Blanquerna e Licenciatura en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Vigo, termina a carreira na Universidade Complutense de Madrid. Entre 2019 e 2021 traballa para a produtora Lastor Media. Desde 2018 compaxina a produción executiva en Sétima coa xefatura de produción en proxectos como ¿Qué hicimos mal?, La estación violenta e Matria. Actualmente está a rematar a longametraxe Cuando toco un animal, de Ángel Filgueira, a estrear no 2023, e producindo Patarinos, de Zeltia Outeiriño, e Las líneas discontinuas, de Anxos Fazáns.