SECCION OFICIAL

Nesta terceira edición de Novos Cinemas a Sección Oficial presenta a que probablemente sexa a súa proposta máis ambiciosa ata o momento. Nove primeiras ou segundas longametraxes, case na súa totalidade inéditas en Galicia –tres delas estreas estatais absolutas–, que permiten albiscar unha exquisita panorámica en torno ás formas do cinema contemporáneo.

Dende a selva amazónica ás megalópoles chinesas pasando pola vella nova Europa ou os montes galegos, os filmes presentados interróganse polo pasado e polo futuro dos relatos e da(s) historia(s) convidándonos a percorrer o planeta a través da mirada dos cineastas máis prometedores.