TALLER CON CARLOS CAÑAS – A MONTAXE E O SEU DISEÑO

  • Xoves 14 e Venres 15 de Decembro
  • Horario: 17.00h a 20.00h
  • Número de prazas: 15
  • Duración: 6 horas
  • Casa das Campás
  • Público Xeral: 30 Euros
  • Estudantes: 15 Euros
  • É necesario adxuntar o xustificante de pago.
  • Ingreso vía transferencia na conta ES7200496737022910009006 a nome de ACC NOVOS CINEMAS. Concepto: TALLER con CARLOS CAÑAS
  • O prazo de inscrición remata o 10 de decembro ás 23:59h.

Grazas á colaboración coa ECAM, Escola de Cinematografía e do Audiovisual de Madrid, Novos Cinemas pon en marcha a celebración do taller formativo “A montaxe e o seu deseño” a cargo do montador Carlos Cañas. O obxectivo principal deste taller será o de revelar que a montaxe dunha longametraxe emana do concepto deseño: o que está por vir.Segundo as súas propias palabras, “ao chegar a proposta para o taller de montaxe avanzada por Novos Cinemas, chamoume a atención, en sentido positivo, o concepto que buscaba explorarse: deseño de montaxe.

Etimoloxicamente, deseño, derivada do italiano disegno, significa o por vir, expresión que fai referencia a un proceso previo e ao mesmo tempo, ao futuro. Esta tensión entre o a priori (a idea) e o a posteriori (o feito) é unha bela aproximación ao proceso da montaxe audiovisual. Por unha banda, desde a súa propia execución, ao dar sentido e unidade ao material rodado e transformalo nunha obra audiovisual. Doutra banda, desde o seu propio sentido, tendo en conta que ao traballar, o montador ou a montadora toma unha serie de decisións proxectándose como un espectador ou espectadora, sendo unha sorte de espectador a priori, e faio coa infinita ilusión de que o espectador final, o espectador a posteriori, andará ese camiño proxectado.

Dicía Georges Perec no prólogo de A vida instrucións de uso que a verdade última de todo quebracabezas é que, a pesar das aparencias, o quebracabezas “non é un xogo solitario, senón que cada xesto e decisión que fai o xogador de quebracabezas foi feito antes polo creador do mesmo; cada peza que colle e volve coller, que examina, que acariña, cada combinación que proba e volve probar de novo, cada tenteo, cada intuición, cada esperanza, cada desilusión foron decididos, calculados, estudados polo outro.”.

Esta analoxía co quebracabezas puidese servirnos, a priori, para explicar a potencial relación entre o montador ou a montadora e xs espectadores.

Pero pensando un pouco máis nela, a posteriori, tamén ofrece unha lectura poética da relación que se establece entre a propia película e quen a monta. As ideas de montaxe dialogan e discuten coa película en si mesma, todo o intre, habendo tantas ideas felices que sobre o papel son extraordinarias pero que non teñen cabida dentro dela por moito que un tanteo, como, pola contra, decisións ou intuicións que parecen unha conclusión unívoca do que di a película, coma se esta non nos dese outra alternativa posible.

Canta liberdade temos ao montar unha película? Canta liberdade ten o espectador ao enfrontarse a ela?

A resposta a ambas as preguntas é a mesma, pois van intimamente da man. Este taller busca explorar as (poucas) desilusións e as (moitísimas) esperanzas ao redor desa única resposta.”

FICHA DE INSCRICIÓN

[contact-form-7 404 "Not Found"]

Carlos Cañas Carrera é montador de cine, diplomado pola ECAM. Editou o longametraxe “Tener tempo” e traballou na terceira tempada de “A Raíña do Sur” (Netflix). Durante o 2023 traballa na montaxe de “Filla do volcán” (Xenifer de la Rosa), premio MAFIZ do Festival de Málaga 2023; “Adolescencia Infinita” (Víctor Soho), mención especial na sección Corte Final de Documenta Madrid 2023; “STREAM” (Sergio Pereda) e “Almudena por Almudena” (Azucena Rodríguez).

Foi coordinador de posprodución e masterización de longametraxes como “Vida Férrea”, premio FIPRESCI en Visions du Reel 2022. Pertence ao colectivo cinematográfico Espíritu Escalera e ao grupo de traballo de Formación de AMAE (Asociación de Montadores Audiovisuais de España).

Compatibiliza o seu traballo como montador coa docencia na diplomatura de montaxe da ECAM.

CATEGORÍAS