Novos Cinemas xa está en Filmin!

En Novos Cinemas encántanos que a nosa paixón polo cinema chegue alí onde esteades. Debido á situación sanitaria actual, este ano tivemos que reducir o aforo das nosas proxeccións polo que decidimos apostar polas plataformas dixitais creando unha canle en Filmin para Novos Cinemas. Nesta canle reproduciremos unha gran parte de proxeccións para aquelas persoas que non podan acudir ao festival, xa sexa polo aforo o pola mobilidade reducida. Levámoste Novos Cinemas á túa casa!

Por eso durante a celebración da actual edición de Novos Cinemas, do 15 ao 20 de decembro, poderedes desfrutar na plataforma cinematográfica dos filmes que proxectaremos no certame, tanto os da Sección Oficial como os da Sección Latexos. Ademais, subimos á nosa canle de Filmin unha selección de proxeccións que pasaron polo certame en edición anteriores.

Accede á nosa canle a través desta ligazón >> FILMIN

CATEGORÍAS