BUSCAMOS VOLUNTARIOS

O equipo de Novos Cinemas convida ao alumnado do campus de Pontevedra a formar parte do equipo de voluntari@s da Edición 06 de Novos Cinemas. Se queredes coñecer o noso festival, desexades traballar con xente nova, se vos queredes divertir mentras desenvolvedes un traballo indispensable para o festival, colaborade con nós nesta singular experiencia.

Durante seis días, do 14 ao 19 de decembro de 2021, @s voluntari@s, coñeceredes a tramoia festival; realizaredes tarefas en equipo nas áreas de información, produción, imaxe,  convidados, redes sociais e loxística e tomaredes contacto con realizador@s noveis e con diferentes profesionais do medio.

Inscricións ata o 01 de decembro
Agardámosvos!

 

INSCRICIÓNS PECHADAS

CATEGORÍAS