Novos Cinemas # LAB abre a súa convocatoria para esta edición

NOVOS CINEMAS # LAB, o programa de orientación para realizadores e realizadoras noveis de Novos Cinemas, que se desenvolverá entre os próximos 11 e 16 de decembro dentro do marco do festival, abre o seu período de recepción de proxectos.

O # LAB consiste nun encontro que o festival organiza entre cineastas noveis e axentes cualificados e especialmente sensibles a proxectos cinematográficos de natureza independente. A finalidade desta reunión é que os realizadores e/ou produtores poidan adquirir as competencias e habilidades necesarias para poder defender, co maior grao de operatividade, funcionalidade e rendibilidade posible, os seus proxectos nunha futura situación de natureza comercial.

A convocatoria para participar no # LAB está aberta a cineastas de calquera parte do mundo, a condición de que o proxecto co que se presenten supoña a súa primeira ou segunda película. A data límite para a presentación de solicitudes é o 25 de setembro e os proxectos para presentar poderán atoparse en calquera das súas fases de desenvolvemento.

– BASES
– FORMULARIO DE INSCRIPCIÓN EN LIÑA

Nas próximas semanas a organización desvelará os nomes do comité asesor do # LAB. En anteriores edicións, os traballos, en distintas fases de desenvolvemento que abarcaban desde a escritura ata o financiamento ou a postproducción, foron avaliados e asesorados por profesionais como Santiago Fillol, Mariana Barassi, Felipe Lage, Ramiro Ledo, Jorge Coira, Eugenia Mumenthaler ou María Zamora.

CATEGORÍAS