Clausurará a sexta edición de Novos Cinemas ‘Espíritu sagrado’ o esperadísimo debut na longametraxe de Chema García Ibarra

O 19 de decembro Chema García Ibarra clausurará o festival con Espíritu Sagrado, o seu esperado debut na longametraxe. Nunha obra tráxica e divertida ao mesmo tempo, García Ibarra céntrase na historia de José Manuel e o resto de membros da asociación ufológica Ovni-Levante, que se reúnen semanalmente para intercambiar información sobre mensaxes extraterrestres e abducións. Julio, o seu líder, morre inesperadamente deixando a José Manuel como o único coñecedor do segredo cósmico que pode alterar o porvir humano.O filme achégase de xeito sutil á lenda da España negra: crime, ocultismo, misterio… baixo unha capa de cotidianeidade e un retrato non paternalista de clase traballadora.

Chema García dirixiu e escribiu El ataque de los robots de Nebulosa-5 (2009), Protopartículas (2010), Misterio (2013), Uranes (2014), La disco resplandece (2016) y Leyenda dorada (2019, en co-dirección con Ion de Sosa), todas elas películas de ciencia ficción doméstica realizadas sen actores profesionais. As súas obras foron seleccionadas en festivais como a Quincena de Realizadores de Cannes, Sundance, Berlinale, San Sebastián, Róterdan ou  Bafici. Entre os máis de 200 premios recibidos polas súas películas, destacamos dúas Mencións de Honra en  Sundance, unha Mención do Xurado en San Sebastián e o Premio da Competición Vangarda e Xénero do  BAFICI. Desde 2015 imparte a materia “Anti- filmmaking” na diplomatura de cinema documental da ECAM. Espíritu Sagrado, a súa primeira longametraxe, estrouse no Concurso Internacional do Festival de Locarno.

ESPÍRITU SAGRADO 
The Sacred Spirit  | Espírito Sagrado
España, Francia, Turquía | 2021 | 97’ | Cor 

Dirección/Direction: Chema García Ibarra. Guión/Script: Chema García Ibarra. Fotografía/Cinematography: Ion de Sosa. Montaxe/Editing: Ana Pfaff. Música/Music:. Son/Sound: Marianne Roussy, Roberto Fernández, Laure Arto. Diseño de producción/Production Design: Leonor Díaz Esteve. Intérpretes/Cast: Nacho Fernández, Llum Arques, Joanna Valverde, Rocío Ibáñez. Produción/ProductionMiguel Molina, Leire Apellaniz, Marina Perales Marhuenda, Xavier Rocher, Enes Erbay. Produtora/Production Company: Apellaniz y de Sosa, Jaibo Films, La Fabrica Nocturna Cinéma, Teferruat Film.

CATEGORÍAS