918 GAU

18 DIC.
12.00 h.
Teatro Principal

918 GAU

España | 2020 | 65’ | Cor | ESTREA EN GALICIA

Dirección/Direction: Arantza Santesteban. Guión/Script: Arantza Santesteban. Fotografía/Cinematography: Maddi Barber. Montaxe/Editing: Mariona Solé. Música/Music: Ana Arsuaga, Serge Lloret. Son/Sound:Alazne Ameztoy. Intérpretes/Cast: Arantza Santesteban, Mercè Salom, Maryann Peony, Manon Praline, Mirari Echávarri. Produción/Production: Marian Fernández Pascal, Marina Lameiro. Produtora/Production Company: TXINTXUA FILMS, HIRUKI FILMAK.

O 4 de outubro de 2007, Arantza, directora da película, é detida e levada a prisión. Daqueles días conserva algúns recordos: as interminables voltas polo patio, os  campionatos de natación, o periplo carcerario de Rasha… Tras pasar 918 noites presa, Arantza queda en liberdade. A partir dese momento, rexistra nunha gravadora os seus recordos e as súas dúbidas, que se van despregando ao longo da película a modo dunha memoria fragmentada.

Arantza Santesteban (Pamplona, 1979), historiadora, cineasta e investigadora audiovisual, dirixiu curtametraxes documentais como Passatgeres (2012) e Euritan (2017), que se presentou no Festival de San Sebastián e se exhibiu en Punto de Vista e MiradasDoc, entre outros. Desenvolveu investigacións sobre conflitos políticos contemporáneos, feminismo e representación cinematográfica. Ata maio de 2020 coordinou o Centro de Cultura Contemporánea Hiriartea (Pamplona). 918 gau foi seleccionada para Ikusmira Berriak en 2018.

FESTIVAIS

DocLisboa 2021.City of Lisbon Award for Best International Competition Film

L’Alternativa 2021. Official Selection. Spain