LATEXOS

Chris Marker lembraba en Sans soleil á escritora xaponesa do século X Sei Shōnagon e o seu mítico Libro da almofada. Nel, a dama da emperatriz aplicábase, nun dos seus numerosos listados cheos de pequenas descubertas cotiás, en anotar aquelas cousas «que fan latexar rápido o corazón»
Nós queremos aproveitarnos desta dobre invocación e presentar Latexos, unha pequena pero poderosa selección de filmes de arrebatada intimidade e fraxilidade, feitos de xeito case artesanal e que na súa maior parte permanecían inéditos no noso país.