BORRÁ TODO LO QUE DIJE DEL AMOR PUES NO SABÍA BIEN QUIÉN ERA

BORRÁ TODO LO QUE DIJE DEL AMOR PUES NO SABÍA BIEN QUIÉN ERA

Borra todo o que dixen do amor  | Erase Everything I Said About Love

28 Xuño | 12:00h | Museo de Pontevedra | ESTREA EN ESPAÑA | Entrada de balde ata completar aforo
Encontro con Guillermina Pico, directora do filme

 

Arxentina | 2016 | 62’ | Cor

Dirección/Direction: Guillermina Pico. Imaxe, Son, Montaxe e Textos/Image, Sound, Editing & Texts: Guillermina Pico. Cámara Adicional/Additional Camera: Betta Cerioni, Gonzalo Castro. Mesturas e Edición de Son/Mix & Sound Editing: Catarina Apolonio. Coordinadora de Postprodución/Post Production Coordinator: Tamara Azjentat. Produtora/Production company: Mansa Cine.

As orellas dos cabalos de pé recórtanse sobre o amencer pechado.
Unha moza patina en rollers sobre o parquet dun apartamento baleiro.
No xardín con cor de choiva, unha roseira branca con rosada.

Borra todo o que dixen do amor, porque non sabía ben quen era, é unha película de proceso, de observacións e notas sobre a paisaxe interior e a beleza dos intres perdidos.


 

Festivais:
Festival Internacional de Cine de Turín 2016.
Festival Internacional de Cine Independiente de La Plata – FestiFreak, 2016.
Festival Internacional de Cine Cinemateca Uruguaya, Nuevos directores, 2016.


.

Guillermina Pico naceu en 1985 en Santa Rosa, A Pampa. Vive e traballa en Bos Aires. É graduada en La Metro, Escola de Deseño e Comunicación Audiovisual. Realizou estudos na Universidade Pompeu Fabra e na Escola El Observatorio, en Barcelona. Adéstrase actuación con Nora Moseinco desde o ano 2012. En 2016 participou do prestixioso seminario de cinema documental Robert Flaherty Film Seminar, en Nova York. Borra todo o que dixen do amor… é a súa primeira longametraxe.