UNA VEZ FUIMOS SALVAJES

UNA VEZ FUIMOS SALVAJES

Unha vez fomos salvaxes  | When We Were Wild

01 Xullo | 12:00h | Museo de Pontevedra | Entrada de balde ata completar aforo
Encontro coa directora

España | 2017 | 61′ | Cor

Dirección/Direction: Carmen Bellas. Guión/Script: María Antón Cabot, Carmen Bellas. Diálogos/Dialogues: Rafael Alberola Rubio. Fotografía/Cinematography: Michal Babinec. Montaxe/Editing: María Antón Cabot. Son/Sound: Clara Alonso. Música/Music: Emilio Lorente. Produción/Production: Gonzalo Martínez Gutierrez, Carmen Bellas. Produtora/Production company: Gabriel Azorín (ECAM).

Unha conversa imaxinada entre a autora e o barrio de San Cristóbal, situado na periferia de Madrid. Un xogo constante entre formas e fondo, que enfronta os prexuízos da narradora coas emocións do espectador que a acompaña; un percorrido libre e suxestivo que abandona de xeito progresivo o documental clásico e vira nun ensaio en primeira persoa.


 

Festivais:

Play-Doc – Cinema Galego, Tui 2017.


.

Carmen Bellas (Santiago de Compostela, 1984) é Licenciada en Medicina e Ciruxía e Diplomada en dirección cinematográfica pola ECAM. Filma diversas curtametraxes (In memoriam, La visita) e videoclips mentres traballa como axudante de dirección e script en España e México. Unha vez fomos salvaxes é a súa primeira longametraxe.