18 DIC.
17.00h.
Teatro Principal
O QUE PODE UM ROSTO
Portugal | 2003 | 103′ | Cor | ESTREA EN ESPAÑA
Dirección/Direction: Susana Nobre. Guión/Script: Susana Nobre. Fotografía/Cinematography: Susana Nobre. Montaxe/Editing: Luís Miguel Correia. Son/Sound: Nuno Barbosa. Colaboración/Colaboration: Maria do Céu Nobre. Produción/Production: João Matos, Maria João Soares. Produtora/Production Company: Terratreme Filmes.
Terratreme Filmes
Campo Grande, 111, 1700-089 Lisboa, Portugal
nevena.desivojevic@terratreme.pt | www.terratreme.pt
Documental sobre o cancro, filmado no Instituto Portugués de Oncoloxía en Lisboa a partir do encontro con pacientes na vida activa de consultas, tratamentos e salas de espera.
Susana Nobre (1974, Lisboa, Portugal) é licenciada en Ciencias da Comunicación pola Universidade Nova de Lisboa. Fixo un curso de Realización de Cinema coa colaboración da The London Film School, no ámbito do Programa de Creatividade e Creación Artística da Fundación Calouste Gulbenkian. Pertence á produtora Terratreme desde 2006 donde realizou os filmes No Táxi do Jack (2021), Tempo Comum (2018), As viagens philosophicas -episodio 3 dentro de No Trilho dos Naturalistas- (2016), Provas, Exorcismos (2015), Vida Activa (2013), Lisboa-Província (2010) e O que pode um rosto (2003). O seus filmes exhibironse en numerosos festivais internacionais como a Berlinale (Fórum), Cannes (Quinzaine Des Réalisateurs), Rotterdam, Angers, Viennale, Vila do Conde, Montevideo, Rio de Janeiro, etc. Tamén traballou na produción de filmes de realizadores como João Rosas, Basil da Cunha e Pedro Peralta, entre outros. Actualmente está na fase de posprodución da súa nova longametraxe, Cidade Rabat.
FESTIVALES
Doc’s Kingdom, Seminário Internacional sobre Cinema Documental, Portugal, 2003
Programa de Itinerância Cinematográfica, ICA/MC, Portugal, 2007
Cinemateca Portuguesa, 2011
LUSSAS, États Généraux du Film Documentaire, 2012