LE PARC
O parque | The Park
01 Xuño | 22:00h | Teatro Principal | ESTREA EN GALICIA
Encontro con Damien Manivel, director do filme
Francia | 2016 | 71′ | Cor | DCP
Dirección/Direction: Damien Manivel. Guión/Script: Damien Manivel, Isabel Pagliai. Fotografía/Cinematography: Isabel Pagliai. Son/Sound: Simon Apostolou, Arnaud Marten, Jérôme Petit. Montaxe/Editing: William Laboury. Intérpretes/Cast: Naomie Vogt-Roby, Maxime Bachellerie, Sessouma Sobere. Produción/Production: Damien Manivel, Thomas Ordonneau. Produtora/Production Company: MLD Films, Shellac Sud.
Verán. Dous adolescentes, un mozo e unha moza, teñen a súa primeira cita nun parque. Ao principio amósanse tímidos e indecisos, mais comezan a coñecerse e a achegarse o un ao outro mentres pasean polo parque. Ao final da xornada fican namorados. Pero cando se pon o sol, chega a hora de separarse… e unha escura noite comeza.
Festivais:
Festival de Cannes 2016 – ACID
Entrevues Belfort 2016 – Gran Premio Janine Bazin á Mellor Película
Festival Internacional de Cine de Jeonju 2017 – Premio Woosuk da Competición Internacional
.
Damien Manivel traballou como bailarín e artista de circo contemporáneo. A súa curtametraxe La dáme au chien (2010) gañou o Premio Jean Vigo. A súa ópera prima, Un jeune poète –programada na Edición Ø de Novos Cinemas–, obtivo a Mención Especial no festival de Locarno. A súa segunda longametraxe, Le parc , presentouse no Festival de Cannes ACID 2016.