DRVO / A ÁRVORE

DRVO / A ÁRVORE

Drvo/The Tree | A árbore

15 Decembro | 21.30h | Teatro Principal 

 

Portugal | 2018 | 104’ | Cor | DCP | ESTREA EN GALICIA

Dirección/Direction: André Gil Mata. Guión/Script: André Gil Mata. Fotografía/Cinematography: João Ribeiro. Montaxe/Editing: Tomás Baltazar. Son/Sound: Antonio Pedro Figueiredo. Intérpretes/Cast: Petar Fradelić, Filip Živanović, Sanja Vrzić. Produción/Production: Adela Galesic, Diogo Pereira, Branko Djokic, Beatriz Jarmela, Kate Saragaço Gomes, José Rito. Produtora/Production Company: C.R.I.M.

Un home, un neno, dúas guerras, un río, unha árbore. Un home e un neno atópanse na beira do río, comparten os mesmos recordos e un segredo. Atopan mutuamente a serenidade, o silencio e o tempo que perderon no fluir da auga do río.

 

Festivais:

Berlinale 2018 – World Premiere
IndieLisboa 2018  Mellor Director da Competición Nacional
Lima Independiente  2018  Competición Internacional. Mellor Longametraxe de Ficción

 

André Gil Mata ( São  João dá Madeira, Portugal, 1978) é graduado en dirección cinematográfica pola ESTC (Lisboa) e DLA pola film.factory (Saraievo). Traballou  en fotografía, teatro e como programador de cinema. Fundou o estudo independente Átomo47 e a produtora ‘Bando à Parte’. Dirixiu as curtametraxes Arca de Áuga (2009), Casa (2010). O Coveiro (2012), Num Globo de Neve (2017), todoas elas premiadas en numerosos festivais internacionais.  How I Fell in Love with Eva Ras (2016), a súa primeira longa de ficción, estreouse no FidMarseille e mostrouse en festivais como a Viennale, Mar del Prata, Rotterdam IFF ou Jeonju.