BEZBOG

BEZBOG

Sen Deus | Godless

01 Xullo | 17:00h | Teatro Principal | ESTREA EN GALICIA
logo_ataquillaBN

Bulgaria, Dinamarca, Francia | 2016 | 99′ | Cor | DCP

Dirección/Direction: Ralitza Petrova. Guión/Script: Ralitza Petrova. Fotografía/Cinematography: Krum Rodriguez, Cgayse Irvin. Son/Sound: Monchil Bozhkov, Peter Albrechtsen. Montaxe/Editing: Donka Ivanova, Ralitza Petrova. Intérpretes/Cast: Irena Ivanova, Ivan Nalbantov, Ventzislav Konstantinov, Alexandr Triffonov, Dimitar Petkov. Produción/Production: Rossitsa Valkanova. Produtora/Production Company: Klas Film, Snowglobe, Alcatraz Films, Film Factory.

Nunha remota cidade búlgara, Gana coida a xente maior con demencia á que rouba os seus carnés de identidade para traficar con eles no mercado negro. Tamén mantén á súa nai desempregada, coa que apenas se comunica. A relación co seu mozo tampouco é un refuxio para ela. Esvaecida a atracción sexual entre ambos, a intimidade redúcese á súa adicción a morfina.


 

Festivais:
Festival Internacional de Cine de Locarno 2016 – Leopardo de Ouro á Mellor Película. Premio á Mellor Actriz, Premio dos Críticos Independentes ao Mellor Director. Premio Ecuménico
Festival Internacional de Cine de Estocolmo  2016 – Cabalo de Bronce á Mellor Película.  Premio á Mellor Actriz
Festival Internacional de Cine de Sarajevo  2016 –  Premio Especial do Xurado. Premio á Mellor Actriz


.

Ralitza Petrova vive e traballa en Inglaterra, Bulgaria e Francia.  Estudou Belas Artes e despois Dirección Cinematográfica na UK’s National Film and Television School. As súas curtametraxes Rotten Apple (2006) e By the Grace of God (2009), foron aclamados en festivais como Cannes, Berlín, Locarno e Toronto. Bezbog é a sua primeira longametraxe.