XURADO LATEXOS

MANUEL ASÍN

Coordinador da área de cinema do Círculo de Bellas Artes de Madrid. Programou ciclos para Filmoteca Española, MNCARS, Xcèntric, Tabakalera, Festival de Sevilla, Instituto Moreira Salles, etc. Publicou artigos en revistas como Blogs & Docs, Trafic ou Caimán Cuadernos de cine, donde é membro do consello de redacción. É autor dos prólogos e a edición de dous libros en torno ao cinema de Jean- Marie Straub e Danièle Huillet: Escritos (2011) e Hacer la revolución es también volver a colocar en su sitio cosas muy antiguas pero olvidadas (2016). Parte do equipo docente de Elías Querejeta Zine Eskola (San Sebastián) e Master LAV (Madrid). Foi director da distribuidora e editorial de libros e DVDs Intermedio (2011-2015). Manuel é o novo director artístico de Punto de Vista (Festival Internacional de Cine Documental de Navarra).

RAMIRO LEDO

Director xerente e programador de DUPLEX Cinema (Ferrol) e responsable de ATALANTE. DUPLEX Cine combina a programación en estrea de filmes en VO con proxeccións de vangarda e novas restauracións dixitais de clásicos. ATALANTE é unha distribuidora independente de cinema de autor contemporáneo. Entre as súas últimas estreas figuran Quién lo impide, de Jonás Trueba; Malmkrog, de Cristi Piui; Nación, de Margarita Ledo e Vitalina Varela, de Pedro Costa, entre outras. Como cineasta, realizou VidaExtra (2013); Galicia 1936-2011. Estudos sobre o filme de Carlos Velo (2011); O proceso de Artaud (2010) e CCCV- Cineclube Carlos Varela (2005).

CARLA B. MIRAZ

Carla B. Miraz é graduada en Belas Artes pola Universitat de Barcelona, desde onde comeza a experimentar con soporte fílmico en 16 mm., pensando a imaxe en termos de iconoloxía, ritmo e percepción.
No contexto da súa práctica fotográfica realiza unha estancia en 2018 coa editorial lisboeta Pierre von Kleist. Alí traballa a lectura da imaxe fotográfica desde a montaxe cinematográfica e literaria no fotolibro. Colabora con A Cuarta Parede.
Actualmente traballa na área de proxección do Zumzeig Cinecooperativa, da que é socia traballadora.

JAVIER PACHÓN

Consultor estratéxico para o sector audiovisual e cultural, é Responsable de Programación e Desenvolvemento de CineCiutat, un proxecto sen ánimo de lucro e declarado de utilidade pública por ser unha iniciativa pioneira a nivel europeo polo seu modelo de xestión e polas súas estratexias de marketing e participación activa do usuario. Entre outros, é vicepresidente de PROMIO -rede nacional de cinemas independentes- e tamén colabora a nivel internacional con DG Connect da Comisión Europea; como membro da Xunta Directiva de C.I.C.A.E.; como coordinador do programa executivo e online do Arthouse Cinema Training; e con Europa Cinemas, desenvolvendo varios Laboratorios de Innovación e como parte do seu Grupo de Innovación.

IRIA SILVOSA

Graduada en Comunicación Audiovisual e especializada en edición, combina a rama cinéfila coa educativa, desenvolvendo proxectos arredor da alfabetización cinematográfica.
No campo da creación, dirixe as súas propias pezas centradas nos soportes analóxicos e prácticas consideradas máis “caseiros” coma en a Loba, curtametraxe que forma parte do actual catálogo do Shorts from Galicia. Dende a montaxe continúa esta exploración dos lindes do narrativo en proxectos coma o filme A estación violenta, de Anxos Fazáns, ou Análoxica, da man da mesma directora, dentro do proxecto de cinema erótico de Erika Lust.