The dead

THE DEAD

Dublineses | Os mortos

16 Decembro | 16:30h | Teatro Principal 

 

Reino Unido | 1987 | 81’ | Cor | 35mm

Dirección: John Huston. Guión: Tony Huston. Fotografía: Fred Murphy. Montaxe: Roberto Silvi. Música: Alex North. Son: Marvin I. kosberg, James E. Nownes. Intérpretes: Anjelica  Huston, Donald McCann, Helena Carroll, Cathleen Dealany, Ingird Craigie. Produción: William J. Quigley, Wieland Schulz-Keil, Chris Sievernich. Produtora: Channel 4, Delta Film, Liffey Film, Vstrom pictures, Zennith Entertainment.

Día de Epifanía de 1904.  A afamada festa das irmás Morkan está a piques de comezar. Entre os seus numerosos convidados está o seu sobriño Gabriel Conroy e a súa esposa Greta. Esa noite todos gozarán dunha agradable e fermosa velada. Gabriel, moi namorado de Greta, observa a súa turbación cando escoita unha antiga canción de amor.