Branco sai, preto fica

Branco sai, preto fica

O branco sae, o negro queda

02 Xullo | 17:00h | Teatro Principal | ESTREA EN GALICIA

Filme programado polo crítico Javier Trigales dentro da convocatoria RESONANCIAS, en colaboración ca Asociación Cultural Convergencias de la Crítica Cinematográfica [Descargar o artigo].

 .

Nas aforas de Brasilia, capital do Brasil, a policía arremete nunha festa co pretexto de loitar contra o tráfico de drogas. Mais as consecuencias da súa intervención amosan un acto represor e racista. Un axente federal tentará acadar probas coa finalidade de acusar e procesar ao estado brasileiro por crimes contra as poboacións marxinais e a xente de cor. É o estado de Brasil culpable destas acusacións?


.

Brasil | 2014 | 93’ | Cor | DCP

Dirección: Adirley Queirós. Guión: Adirley Queirós. Fotografía: Leonardo Feliciano. Montaxe: Guille Martins. Son: Francisco Feliciano, Marquim do Tropa. Intérpretes: Marquim do Tropa, Shockito, Dilmar Durães, DJ Jamaika, Gleide Firmino. Produción: Adirley Queirós, Denise Vieira. Produtora: Cinco da Norte.

.

Festivais:

Festival Internacional de Unam-FICUNAM 2015. Premio Especial do Xurado.
Festival Internacional de Cine de Cartagena de Indias 2015. Premio Especial do Xurado e Premio da Crítica Internacional.
Festival Internacional do Uruguay 2015. Premio ao Mellor filme.


.

Adirley Queirós é director, guionista e produtor cinematográfico. Foi xogador de fútbol profesional. No ano 2005 gradúase en Cinema pola Universidade de Brasília (UnB). Comisariou mostras de cinema, foi xurado en festivais e organizou encontros formativos relacionados co cinema. En 2005, dirixe Rap, O Canto da Ceilândia, curtametraxe documental que gaña trece premios en Brasil. En 2010, escribe, dirixe e produce a súa primeira longametraxe documental, A cidade é uma só? Branco Sai Preto Fica é a súa segunda longametraxe.