HERMIA & HELENA

HERMINA & HELENA

FILME INAUGURAL
27 Xuño | 21:00h | Teatro Principal

Presentada polo director

Arxentina, USA | 2016 | 87’ | Cor

Dirección/Direction: Matías Piñeiro. Guión/Script: Matías Piñeiro. Fotografía/Cinematography: Fernando Lockett, Tommy Davis. Son/Sound: Mercedes Tennina, Sean Dunn. Montaxe/Editing: Sebastien Schjaer. Intérpretes/Cast: Agustina Muñoz, Maria Villar, Mati Diop, Julian Larquier, Keith Poulson, Dan Sallitt, Romina Paula. Produción/Production:  Graham Swindoll, Melanie Schapiro. Produtora/Production company: Trapecio Cine, Ravenser Odd, Cinema Conservancy.

Camila viaxa de Bos Aires a Nova York para realizar unha residencia artística que ten como obxectivo desenvolver o seu próximo proxecto: unha tradución de Soño dunha noite de verán, de William Shakespeare. Á súa chegada, Camila pronto se dá de conta de que o traballo non compensa o feito de ter deixado atrás aos seus amigos e ao seu mozo. Un novo camiño ábrese ante ela cando comeza a recibir unha serie de misteriosas postais de Danièle, unha anterior participante da residencia.


 

Festivais:
Locarno International Film Festival
Festival de Mar del Plata


.

Nado en Bos Aires en 1982, Matías Piñeiro estudou na Universidade do Cinema, onde posteriormente ensinaría dirección, guión e historia do cinema. En 2011 trasladouse a Estados Unidos como bolseiro do Instituto Radcliffe da Universidade de Harvard. Actualmente ensina dirección cinematográfica no Pratt Institute en Brooklyn (Nova York) mentres desenvolve a curtametraxe Porcia e a longametraxe Ariel–co-dirixida co cineasta galego Lois Patiño–, quinta e sexta entregas da súa serie Las Shakespeareadas sobre os roles femininos nas comedias de William Shakespeare.