FAIL TO APPEAR

FAIL TO APPEAR

 Fail to Appear | Non comparecer

12 Decembro | 19:00h | Teatro Principal 
 

Canadá | 2017 | 70’ | Cor | DCP | ESTREA EN ESPAÑA

Dirección/Direction: Antoine Bourges. Guión/Script: Antoine Bourges. Fotografía/Cinematography: Nikolay Michaylov. Montaxe/Editing: Antoine Bourges, Ajla Odobasic. Son/Sound: Alex Hennessey, James Lazarenko. Intérpretes/Cast: Deragh Campbell, Nathan Roder, Shawn Collins, Michelle Tiffin, Mohammed Ahmed. Produción/Production: Antoine Bourges, Karen Harnisch, Daniel Montgomery. Produtora/Production Company: Antoine Bourges Films.

Isolda, unha xoven asistente social dun empobrecido barrio de Toronto, fórmase mentras axuda a persoas en risco de exclusión social. Cando se fai cargo do caso de Eric, un home acusado de cometer un pequeno delito, Isolda descobre o funcionamento do sistema legal ao tempo que é testemuña na súa vista oral. A medida que coñece a Eric, Isolda esfórzase por conectar con el.


 

Festivais:

Vancouver International Film Festival 2017 – World Premiere
Cinéma du Réel 2018
BAFICI  2018


.

Antoine  Bourges é un cineasta parisiense que reside en Toronto. As súas curtametraxes  Woman on waiting (2010), William in white shirt (2015) e a súa mediometraxe  East Hastings pharmacy (2012), proxectáronse en festivais de América do Norte e Europa, como o Festival de Toronto, SXSW,  Berlinale ou a Viennale. Fail to appear é a súa primeira longametraxe.