EL HOMBRE ROBADO

EL HOMBRE ROBADO

O home roubado  | The Stolen Man

28 Xuño | 17:00h | Teatro Principal
Presentada polo director
logo_ataquillaBN

Arxentina | 2007 | 91’ | B/N

Dirección/Direction: Matías Piñeiro. Guión/Script: Matías Piñeiro. Fotografía/Cinematography: Fernando Lockett. Son/Sound: Daniela Ale, Hernán Hevia. Montaxe/Editing: Alejo Moguillansky. Intérpretes/Cast: María Villar, Romina Paula, Julia Martínez Rubio, Francisco García Fauré, Daniel Gilman Calderon. Produción/Production: Pablo Chernov. Produtora/Production company:  Universidad del cine, El pampero cine, Revolver films.

Comedia de complots e enredos, a primeira longametraxe de Matías Piñeiro é unha fantasía sentimental que se organiza ao redor dunha moza que traballa de guía de museo, pero que ocupa o seu tempo libre na lectura apaixonada do libro Campaña no Exército Grande de Domingo F. Sarmiento e que ela aplica sen prexuízos á vida sentimental e laboral daqueles que a rodean.

 


.

Nado en Bos Aires en 1982, Matías Piñeiro estudou na Universidade do Cinema, onde posteriormente ensinaría dirección, guión e historia do cinema. En 2011 trasladouse a Estados Unidos como bolseiro do Instituto Radcliffe da Universidade de Harvard. Actualmente ensina dirección cinematográfica no Pratt Institute en Brooklyn (Nova York) mentres desenvolve a curtametraxe Porcia e a longametraxe Ariel–co-dirixida co cineasta galego Lois Patiño–, quinta e sexta entregas da súa serie Las Shakespeareadas sobre os roles femininos nas comedias de William Shakespeare.