xurado latexos


XURADO LATEXOS

 

MANUEL ASÍN

Coordinador da área de cinema do Círculo de Bellas Artes de Madrid. Programou ciclos para Filmoteca Española, MNCARS, Xcèntric, Tabakalera, Festival de Sevilla, Instituto Moreira Salles, etc. Publicou artigos en revistas como Blogs & Docs, Trafic ou Caimán Cuadernos de cine, onde é membro do consello de redacción. É autor dos prólogos e a edición de dous libros en torno ao cinema de Jean- Marie Straub e Danièle Huillet: Escritos (2011) e Hacer la revolución es también volver a colocar en su sitio cosas muy antiguas pero olvidadas (2016). Parte do equipo docente de Elías Querejeta Zine  Eskola (San Sebastián) e Master LAV (Madrid). Foi director da distribuidora e editorial de libros e DVDs Intermedio (2011-2015). 

 

RAMIRO LEDO

Ramiro Ledo Cordeiro (Lugo, 1981) é director xerente e programador de DUPLEX Cinema (Ferrol) e responsable de NUMAX Distribución. Desde a creación da cooperativa en febreiro de 2014 até setembro de 2020 foi director xerente e programador do Cinema NUMAX (Santiago de Compostela). DUPLEX Cinema combina a programación en estrea de filmes en VO con proxeccións de vangarda e novas restauracións dixitais de clásicos. NUMAX Distribución é unha distribuidora independente de cinema de autor contemporáneo. Entre as súas últimas estreas figuran Vitalina Varela, de Pedro Costa; Estaba na casa, pero… de Angela Schanelec; Longa noite, de Eloy Enciso e O que arde, de Oliver Laxe. Como cineasta, realizou VidaExtra (2013); Galicia 1936-2011. Estudos sobre ou filme de Carlos Velo (2011); O proceso de Artaud (2010) e CCCV- Cineclube Carlos Varela (2005).

 

ALBERT TRIVIÑO

Albert Triviño Massó (Barcelona, 1984) é cineasta experimental, docente e programador audiovisual. Licenciado en Historia da arte e en Experimental Film, posúe tamén un Máster en Dirección e Produción de Proxectos Expositivos. Desde 2006 participou en varias exposicións e festivais gañando en 2010 o premio BCN Producció outorgado polo Concello de Barcelona e participando na edición do festival  Xcèntric dese mesmo ano. A súa práctica artístico-fílmica caracterízase polo tratamento anti-icónico da imaxe e pola produción dunha obra que vai desde a pintura e a fotografía, ata a vídeo instalación, o super 8, o 16mm e o documental.

Socio fundador da Zumzeig Cinecooperativa, actualmente forma parte do equipo do cinema como programador e coordinador.

 

XAN VIÑAS GÓMEZ

Doutorouse en 2015 en Ciencias da Comunicación pola USC coa tese Do amateur ao militante: implicacións políticas e estéticas do cinema en formato non profesional na Galiza dos anos setenta. Traballou no departamento de comunicación de Vieiros, Compostela Cultura e Auditorio de Galicia. Foi socio fundador do Cineclube de Compostela e ten publicado crítica cinematográfica en diversos medios e revistas especializadas. En 2012 dirixe canda Pablo Cayuela o filme documental Fóra, estreado no CPH:DOX de Copenhague. É o actual programador do Cinema NUMAX de Santiago de Compostela.