CLASE MAXISTRAL CARLOS LOSILLA

Carlos Losilla fálanos de Terrence Malick

 

.02 Xullo | 17:00h | Teatro Principal

.A LUZ QUE CRUZA A CHAIRA por Carlos Losilla

Na gran tradición das películas americanas sobre parellas en fuga, Badlands poida que continúe sendo o mellor traballo de Terrence Malick. Quedan na memoria momentos fulgurantes: a voz de Sissy Spacek abrindo o relato coma se non se crese moito o que vai contar, o modo de camiñar de Martin Sheen por carreiros poeirentos no medio da nada, a parella que baila iluminada polos faros do automóbil nunha noite impenetrable, un disparo absurdo que derruba a un pobre tipo coma se fose un manequín… Do mesmo xeito que en You Only Live Once, de Fritz Lang, ou en They Live by Night, de Nicholas Ray, hai unha urxencia furtiva nos detalles, pero aquí xa non existe ningún romanticismo. Só corpos que atravesan unha paisaxe e se funden con el sen dar explicacións. Por iso Badlands é unha das películas fundacionais do cinema moderno americano dos anos 70.
A partir do seu primeiro filme repasaremos algúns momentos claves do cinema de Ray e doutras primeiras e últimas veces dalgúns outros grandes cineastas.


Carlos Losilla é ensaísta, profesor da Universitat Pompeu Fabra e de ESCAC e membro do consello de redacción das revistas Caimán. Cuadernos de Cine e La Furia Umana. Entre os seus libros publicados poden mencionarse En busca de Ulrich Seidl (2003), La invención de Hollywood (2005), El sitio de Viena (2007), Flujos de la melancolía (2012), La invención de la modernidad (2013) y Zona de sombra (2014).