#AULA+NOVOS // CINEMA EN CURSO // CINED

Cinema en Curso é un programa estrutural de pedagoxía do cinema en escolas e institutos que persegue un dobre obxectivo: achegar á mocidade o cine como arte, creación e cultura, e desenvolver os potenciais pedagóxicos da creación cinematográfica. Nos obradoiros participa alumnado de entre 8 e 18 anos ao longo de todo un curso, dentro do horario lectivo e impartidos conxuntamente por un equipo de docentes e cineastas como Carla Simón, Jonás Trueba, Meritxell Colell, Celia Rico ou Xacio Baño.
Iniciado pola asociación A Bao A Qu en 2005 en Cataluña, na actualidase tamén se desenvolve en Galicia, Madrid, Euskadi, Brandenburgo e Chile. En Galicia está coordinado polo CGAI en colaboración co Plan Proxecta, iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
www.cinemaencurs.org/gl

 

CinEd é un proxecto de educación no cinema que ten o seu núcleo nunha colección de filmes de gran potencia expresiva, concebida como unha oportunidade para que a mocidade descubra e disfrute o cinema europeo.
Un programa de cooperación europeo, liderado polo Institut Français (París) e a Cinémathèque Française, no que participan once países e impulsado e coordinado en España por A Bao a Qu –co apoio do Ministerio de Educación, o ICAA ou o Instituto Cervantes–, en Galicia se desenvolve en cooperación con AGADIC–CGAI.
Novos Cinemas súmase así a un proxecto de gran proxección e pioneiro no noso entorno, converténdose nun dos impulsores desta iniciativa en Galicia.
www.cined.es

 

PROGRAMA

12 Decembro  |  11.00h.  |  Museo de Pontevedra

Sesión CinEd + Cinema en Curso
Para escolares de 4º, 5º e 6º de Primaria
Proxección da curta CinEd Rentrée des classes (A volta a clase), de Jacques Rozier (Francia, 1956, 22’) e coloquio posterior cos rapaces.
Presentación de Cinema en Curso e proxección dos Planos do Mundo de escolares de 6º de primaria do CEIP A Rúa (Cangas) e do CEIP Tenorio (Cotobade).