ACTOS DE PRIMAVERA

ACTOS DE PRIMAVERA

Spring Events

11 Decembro | 12:30h | Teatro Principal 
 

Entradas á venda

España | 2019 | 63’ | Cor | PREMIERE

Dirección/Direction: Adrián García Prado. Guión/Script: Adrián García Prado.

Un cineasta toma a súa pequena cámara dixital para filmarse a si mesmo e certos acontecementos que lle suceden durante os meses da primavera. A aparente orde dos días comeza a racharse cando as imaxes manifestan a coexistencia de múltiples potenciais. Todos eles son ilusorios e, con todo, convértense en pontes necesarias no camiño cara á súa verdadeira identidade.

 


 


.

Adrián García Prado, graduado en comunicación audiovisual, durante os nos anos de carreira comeza a experimentar con materiais de arquivo e crea a canle de youtube Movieswilltearusapart. Dende entón dedícase ao estudo do cinema documental e experimental e comeza a realizar as súas propias curtametraxes coma Serie Trens #1, #2 (2015), To my Dear Margreet (2015) ou SouthAfrica # intervalo (2016). Actos de primavera é a súa primeira longametraxe.