XURADO OFICIAL


XURADO OFICIAL

 

PAULA ASTORGA
Paula Astorga (México) é cineasta, produtora, distribuidora e unha reputada promotora cultural recoñecida internacionalmente. Estivo detrás da creación de múltiples canles e redes para a distribución, exhibición e formación cinematográfica en proxectos como Circo 2.12, o Festival Internacional de Cinema Contemporáneo de México FICCO ou o Distrital Festival. Entre 2010 e 2013 foi directora da Cineteca Nacional de México. Polo seu labor formativo e traballo de promoción do cinema francés en México, recibiu en 2012 a Lexión de Honra das Artes e as Letras do Goberno francés.

 

ELOY DOMINGUEZ SERÉN
Eloy Domínguez Serén (Simes, Galicia 1985) estudou en Salamanca, Milán e Barcelona. Antes de debutar como cineasta traballou como crítico de cinema. En 2012 mudouse a Suecia onde realizou a súa curtametraxe Pettring, seguida de I Den Nya Himlen e Jet Lag, programadas no FID Marseille e Doc’s Kingdom entre outros festivais. A súa primeira longa No Cow On The Ice (2015) tivo a súa estrea en Visions du Réel e foi premiada en Toulouse, Filmadrid, Play-Doc, L’Alternativa ou Márgenes; mentres que os seus dous traballos máis recentes, Yellow Brick Road e Rust, estreáronse en Jihlava IDFF e FID Marseille respectivamente. No 2017 foi seleccionado para participar no Berlinale Talents. A súa segunda longa, Hamada (2018) ven de estrearse mundialmente no IDFA.

 

MANOLO GONZÁLEZ
Manolo González (Galicia) é docente e un apaixonado promotor da educación audiovisual nas aulas. Desde os anos noventa ven sendo un referente na formación audiovisual en Galicia a través da posta en marcha da Escola de Imaxe e Son de A Coruña, da que tamén foi docente, e director da Axencia Audiovisual Galega da Xunta de Galicia entre 2006 e 2009. Actualmente é o impulsor do Chanfaina  Lab, un singular encontro de creación entre cineastas galegos e veciños de San Sadurniño.