THE WORLD IS FULL OF SECRETS
El mundo está lleno de secretos | O mundo está cheo de segredos
14 Decembro | 21:30h | Teatro Principal
USA | 2018 | 98’ | Cor | DCP | ESTREA EN ESPAÑA
Dirección/Direction: Graham Swon. Guión/Script: Graham Swon. Fotografía/Cinematography: Bart Cortright. Montaxe/Editing: Graham Swon. Música/Music: Rae Swon. Son/Sound: Nick Bohun, Matt Leibowitz. Intérpretes/Cast: Elena Burger, Dennise Gregory, Ayla Guttman, Alexa Shae Niziak, Violet Piper, Samuel Shapiro, Peggy Steffans (voz over). Produción/Production: Bart Cortright, Lio Sigerson, Graham Swon.
Unha voz de muller lembra un feito terrible do seu pasado: nunha noite de verán de 1996, cinco adolescentes reúnense nunha casa dun barrio residencial. Sen adultos preto e para matar o tempo, comezan a narrar terroríficas historias. Este feito desencadea unha morbosa competición entre elas. A noite vólvese máis escura e o xogo máis serio, o seu mundo de ficción consúmese pola realidade neste febril Decameron en miniatura.
Festivais:
Entrevues Belfort Festival International du Film 2018 – World Premiere
.
Graham Swon (California, 1987) é un cineasta, produtor e distribuidor estadounidense. Swon fixo películas con Matías Piñeiro, Ted Fendt e Ricky D’ Ambrose, entre outros. Actualmente traballa como Director de Vendas para Kino Lorber. Ten unha dobre titulación en teatro e filosofía pola Universidade Carnegie Mellon University. The World is Full of Secrets é a súa primeira longametraxe.