ROSALINDA

ROSALINDA

SESIÓN DOBLE + VIOLA

30 Xuño | 17:00h | Teatro Principal
Presentada polo director
logo_ataquillaBN

Arxentina, Corea do Sur | 2010 | 43’ | Cor

Dirección/Direction: Matías Piñeiro. Guión/Script: Matías Piñeiro. Fotografía/Cinematography: Fernando Lockett. Son/Sound: Daniela Ale, Emilio Iglesias. Montaxe/Editing: Alejo Moguillansky. Intérpretes/Cast: María Villar, Agustina Muñoz, Alberto Ajaka, Julián Tello, Julián Larquier Tellarini, Denise Groesman. Produción/Production: Iván Granovsky, Bak Il Dong. Produtora/Production company: Jeonju International Film Festival, Revolver Films, Universidad del cine.

Unha tarde, no delta do Tigre nos arredores de Bos Aires, un grupo de actores ensaia a comedia Como lles guste de William Shakespeare. Durante a devandita xornada, o amor fai estragos e os roles entre a actriz principal e a súa personaxe confúndense entre o goce polo artificio e a angustia do incerto.


Premios:

Locarno International Film Festival
Jeonju International Film Festival
Festival Internacional del Cine Independiente de Buenos Aires (BAFICI)


.

Nado en Bos Aires en 1982, Matías Piñeiro estudou na Universidade do Cinema, onde posteriormente ensinaría dirección, guión e historia do cinema. En 2011 trasladouse a Estados Unidos como bolseiro do Instituto Radcliffe da Universidade de Harvard. Actualmente ensina dirección cinematográfica no Pratt Institute en Brooklyn (Nova York) mentres desenvolve a curtametraxe Porcia e a longametraxe Ariel–co-dirixida co cineasta galego Lois Patiño–, quinta e sexta entregas da súa serie Las Shakespeareadas sobre os roles femininos nas comedias de William Shakespeare.