Profesionais de España e Portugal protagonizarán os ENCONTROS

A sección #ENCONTROS, un foro mediante o cal Novos Cinemas fomenta o diálogo e as sinerxías entre diferentes sectores vinculados ao mundo cinematográfico, ofrecerá un achegamento aos traballos de diferentes profesionais de España e Portugal:

O día 14 ás 12:00 na Casa das Campás, o cineasta Víctor Soho, quen vén de triunfar no L’Alternativa presentará as primeiras imaxes de Adolescencia infinita.

O 15 de decembro ás 11:00 na Casa das Campás, Tiago Vieira da Silva, profesor da ESAP – Escola Superior Artística do Porto, un dos centros de educación e formación audiovisual máis importantes de Portugal, exporá as liñas mestras do seu programa académico e investigador. O mesmo día ás 12:30, o equipo do festival moderará un Encontro que explorará a relación entre a produción cinematográfica independente e o cine emerxente, no que participarán Luís Campos (produtor, realizador e guionista de Portugal) e Silvia Cruz (produtora e distribuidora de Brasil), Beli Martínez (produtora). Xa pola tarde, ás 17:30 en O Sanatorio, Katrin Rothe, protagonista da sección FOCO, completará a súa presenza no festival cun taller-encontro no que compartirá a súa singular maneira de concibir os seus proxectos cinematográficos.

Como remate, O día 16 ás 12:00 será Bruno Arias quen comparta as primeiras imaxes de Os espazos en branco.

CATEGORÍAS