Péchase a Edición Ø de Novos Cinemas con éxito de público

Decía Nöel Burch que a primeira película sempre é a mellor, aquela na que se insinúan as inquedanzas e a sensibilidade dun autor, onde durante o proceso o director da forma á súa ópera prima, pero tamén se fai a si mesmo. De igual maneira, a edición Ø de Novos Cinemas mostrou sen complexos a súa razón de ser e a súa intención de construir un festival relevante na cidade de Pontevedra, poñendo o foco nas primeiras obras fundamentales da historia do cinema (“Os 400 golpes”) e nas grandes óperas primas de eses novísimos realizadores que forman a sección Panorama Actualidade.

Se había unha personalidade idónea na cinematografía nacional para “apadriñar” esta edición, ese é o director madrileño Javier Rebollo, o que “nunca quixo facer unha primeira película” pero a cal lle chegou, como comprobaron todos os que puideron asistir á proxección en 35mm de “Lo que sé de Lola”, froito do xogo, a casualidade e a sorpresa. O cineasta animaba aos asistentes do seminario “Só se fai unha primeira película unha vez” a atopar a súa película entregando ao azar a parte que lle pertence e atesorando imaxes sen ningunha outra pretensión que construir o filme que se desexa.

Xunto ao seminario, e construidas baixo premisas tan nobles como a necesidade de filmar como impulso ou a búsqueda de novos camiños para a distribución e exhibición desas novas formas de facer cine, as mesas redondas “Filmar como respirar. Na procura do primeiro filme” e “NovosCinemas#NovosMercados” explicitaban a formación como un dos pilares fundamentales sobre os que se constitúe o festival. E como eixo da programación, claro está, a exhibición de “Un Jeune Poète”, “Les Amigues de L’Àgata” e “Volta à Terra”, cintas que se concretaban nunha mostra (Panorama Actualidade) que apuntaban unha vez máis á idea dese primeiro filme froito do choque entre planificación e azar.

A cidade de Pontevedra respondeu á proposta confirmando que o proxecto Novos Cinemas chega para cubrir unha demanda desatendida. As proxeccións das películas contaron cun promedio de 200 espectadores. A sala cheouse en cada pase e os asistentes, interesados nun cine alternativo que non poden consumir doutro xeito, disfrutaron dos coloquios e encontros cos directores e directoras e cos protagonistas das obras.

Así foi a primeira vez deste festival de Pontevedra. Unha primeira vez para todos os axentes da cidade e do sector cinematográfico: autores dos films e profesionais do sector, organización, entidades colaboradoras, patrocinadores privados e espectadores, estrearon finalmente o seu festival internacional de cine.

Novos Cinemas é un proxecto de Matriuska en colaboración co Concello de Pontevedra a través da Concellería de Cultura e a Universidad de Vigo a través da Vicerreitoría do Campus de Pontevedra. A edición Ø contou ademais co patrocinio de marcas como: Supermercados Froiz, Cafés Sabora, Citröen, Petroni, Martín Códax e Rectoral Amandi.

A organización pechaba a edición avance coa mirada posta no futuro e anunciando que moi pronto, en xuño de 2016, se celebrará a primeira edición competitiva. As rúas e salas de Pontevedra volverán a chearse de cine.

CATEGORÍAS